Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A8 A9 B2 B6 B12 B13 C3 C4 Desenvolvemento dun ou varios proxectos individuais ou en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Polo menos o traballo final requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero nesta actividade.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota obtida no traballo tutelado.
70
Proba mixta B1 B16 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos / proyectos tutelados.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PM: nota obtida nesta proba.
30
 
Observacións avaliación
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):
  1. Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
  2. Que a nota na proba mixta sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se poderá obter, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:
  • NOTA FINAL = 0,3*PM + 0,7*TT

Segunda oportunidade:
  • No caso de que o alumno non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir na segunda oportunidade aquelas actividades que non foron superadas coas modificacións que se indiquen. 
  • Aplícanse os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada (decembro):
  • Aplican as mesmas metodoloxías pero ofrécese a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados á proba mixta. 
  • O alumno poñerase en contacto cos profesores a principios do primeiro cuadrimestre (setembro) para comunicar se realizará os traballos tutelados e a proba mixta ou só a proba mixta. 

Matrícula a tempo parcial:
  • Ofreceráselles a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados á proba mixta. Por iso, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC