Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Informática | Código | 770G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A10 B1 | Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación. Criterios de avaliación xerais: * Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T2: nota obtida na parte de teoria desta proba (30% da nota final). P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final). |
60 |
Traballos tutelados | B6 C2 | Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Criterios de avaliación xerais: * Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo. * Claridade e calidade da exposición oral do traballo. * Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición. * Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T1: nota obtida no traballo tutelado (6% da nota final). |
6 |
Prácticas de laboratorio | B1 C2 | Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. Criterios de avaliación xerais: * Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases. * Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final). |
6 |
Solución de problemas | B1 C2 | Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase. Criterios de avaliación xerais: * Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado. * Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno. * Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final). P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final). P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (12% da nota final). |
28 |
Observacións avaliación | |||
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): 1) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de teoría, isto é, que a suma 0,06×T1 + 0,3×T2 sexa maior o igual a 1,8. 2) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, isto é, que a suma 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 +0,12×P4 + 0,3×P5 sexa maior ou igual que 3,2. 3) Que a nota da parte de teoría no exame final (T2) sexa maior ou igual a 4. 4) Que a nota da parte de programación no exame final (P5) sexa maior ou igual a 3,5. Si non se cumpren cos todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se obterá, na oportunidade NOTA FINAL = 0,1×T1 + 0,3×T2 + 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 + 0,08×P4 + 0,3×P5 . Notas sobre as actividades: - Se durante a revisión de algunha actividade detéctase que o alumno copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre a autoría do mesmo suspenderase a actividade obtendo a nota mínima posible. - Todas Segunda oportunidade de evaluación: Rexerase polas mesmas condicións de avaliación que a primeira oportunidade. As actividades de avaliación continua non superadas ou non presentadas na primeira oportunidade non terán unha segunda oportunidade pero o estudante poderá recuperar esas cualificacións incrementando proporcionalmente o peso do exame final no cómputo global da avaliación. Convocatoria adiantada: Na convocatoria adiantada, o 100% da nota será o exame final. Para superar a materia, o alumno deberá obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica do exame final (T2) como na parte de programación do exame final (P5). Réxime Tal Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |