Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 30
Proba mixta A6 B1 B4 C1 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 70
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.

Realizaranse tres probas de avaliación continua. A primeira dos contidos
do tema I.1, a segunda dos contidos do tema I.2, e a terceira dos
contidos dos temas II.3 e II.4. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre
0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.

O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia.
Avaliarase cunha nota NPO (primeira oportunidade) ou NSO (segunda oportunidade) comprendida entre 0 e 10 puntos.

En cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou renunciar ás
notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. A nota da acta calcularase do
seguinte xeito:

• Consérvanse as notas de avaliación continua. A nota da acta será:

(NEC1+NEC2+ NEC3)/12 + 0.75×NPO na primeira oportunidade

(NEC1+NEC2+ NEC3)/12 + 0.75×NSO na segunda oportunidade.

• Renuncia ás notas de avaliación continua. A nota da acta será:

NPO na primera oportunidade,

NSO na segunda oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "adicación " (tempo completo/parcial), "permanencia" e "fraude académico" rexiranse de acordo á normativa académica vixente da UDC.