Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 B1 B4 B5 C5 Ao final do cuadrimestre e nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizarase a proba obxectiva final.

A proba obxectiva constará dun máximo de 10 preguntas sobre problemas e cuestións conceptuais teóricas.

Esta proba obxectiva representa o 70% da nota final da materia.
70
Prácticas de laboratorio A15 B1 B5 C6 C5 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia e imprescindible superalas para poder aprobar a materia

As prácticas de laboratorio poderán ser o 15% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 4.0 puntos sobre 10.0 puntos.
15
Solución de problemas A15 B1 B4 B5 C5 Resolución de exercicios propostos e participación activa na aula. Interese e actitude do alumno.

A solución de problemas poderá ser o 15% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 4.0 puntos sobre 10.0 puntos.
15
 
Observacións avaliación

Para poder sumar os puntos das
actividades denominadas como Solución de problemas" e "Prácticas de
laboratorio", na nota da "Proba obxectiva" o alumno terá que ter alcanzado un
mínimo de 4.0 puntos.



Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que
a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.



Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación
corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.



O alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das
actividades obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará implicará que o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.