Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A21 B1 B4 B6 C5 C6 C7 Valorarase que os estudantes teñan que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. 10
Prácticas de laboratorio A5 A21 B1 B2 B4 B6 C5 C6 C7 Valorarase que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. 10
Proba obxectiva A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C3 C5 C6 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. 70
Traballos tutelados A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C2 C3 C5 C6 C7 Valoraranse os traballos que fan os alumnos individualmente sobre algún aspecto relacionado co programa da asignatura. 10
 
Observacións avaliación

- Cada exame constará de duas partes independientes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto. 

- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.

- Para poder ser evaluados, @s alumn@s han de ter feito como mínimo o 75% das prácticas de laboratorio.

- A evaluación no exame de 2ª oportunidade (exame global da materia) realizarase seguindo os mesmos criterios utilizados no exame de 1ª oportunidade.

- A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso ao outro.

- @s
alumn@s que fixeron e superaron as prácticas de laboratorio da
asignatura en cursos anteriores poderán decidir facelas de novo ou non. No caso de non repetilas, solicitarán a sua convalidación e manteráselles a
calificación obtida no seu momento.

- A avaliación no exame da convocatoria adiantada farase seguindo os mesmos criterios empregados no exame da primeira oportunidade.

- O alumnado
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos
tutelados (20%). Na segunda oportunidade manterase a cualificación
obtida nos traballos tutelados realizados durante o curso para calcular a
cualificación global.

- Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.