Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Informática | Código | 770G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | B1 B5 C3 | Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase. Criterios de avaliación xerais: * Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado. * Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno. * Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final). P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final). P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (12% da nota final). |
28 |
Prácticas de laboratorio | B1 B5 C3 | Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. Criterios de avaliación xerais: * Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases. * Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final). |
6 |
Proba mixta | A10 B1 | Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación. Criterios de avaliación xerais: * Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T2: nota obtida na parte de teoria desta proba (30% da nota final). P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final). |
60 |
Traballos tutelados | B6 C3 | Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Criterios de avaliación xerais: * Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo. * Claridade e calidade da exposición oral do traballo. * Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición. * Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T1: nota obtida no traballo tutelado (6% da nota final). |
6 |
Observacións avaliación | |||
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): 1) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de teoría, isto é, que a suma 0,06×T1 + 0,3×T2 sexa maior o igual a 1,8. 2) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, isto é, que a suma 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 +0,12×P4 + 0,3×P5 sexa maior ou igual que 3,2. 3) Que a nota da parte de teoría no exame final (T2) sexa maior ou igual a 4. 4) Que a nota da parte de programación no exame final (P5) sexa maior ou igual a 3,5. Si non se cumpren cos todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se obterá, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Si cúmprense os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma: NOTA FINAL = 0,1×T1 + 0,3×T2 + 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 + 0,08×P4 + 0,3×P5 . Notas sobre as actividades: - Se durante a revisión de algunha actividade detéctase que o alumno copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre a autoría do mesmo suspenderase a actividade obtendo a nota mínima posible. - Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba final (formada por as actividades T2 y P5) que terá as dúas oportunidades oficiais de exame. Segunda oportunidade de evaluación: Rexerase polas mesmas condicións de avaliación que a primeira oportunidade. As actividades de avaliación continua non superadas ou non presentadas na primeira oportunidade non terán unha segunda oportunidade pero o estudante poderá recuperar esas cualificacións incrementando proporcionalmente o peso do exame final no cómputo global da avaliación. Convocatoria adiantada: Na convocatoria adiantada, o 100% da nota será o exame final. Para superar a materia, o alumno deberá obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica do exame final (T2) como na parte de programación do exame final (P5). Réxime de dispensa académica: Tal e como sinala a normativa vixente, o alumnado que teña concedida unha dispensa académica ten dereito a ser eximido da asistencia a clase. En todo caso, serán avaliados polo sistema de avaliación continua indicado nesta guía docente coa mesma ponderación que o resto do alumnado. A realización do traballo e as prácticas de avaliación continua poderán realizarse de forma autónoma e entregarse dentro dos prazos establecidos polo profesor. Se por algún motivo xustificado o alumno non puidese presentarse a ningunha das probas presenciais (P1, P2 e P3), o peso desa actividade aumentaría o correspondente á parte de programación na proba mixta final. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |