Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C3 C4 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado e outros traballos afins propostos. 10
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C4 C6 Se fará unha proba obxectiva nas convocatorias oficiais. 60
Proba de resposta múltiple A7 B1 B4 C3 C6 Propoñerase test ao alumnado que abarcará os conceptos tanto teóricos cómo prácticos da materia . Os test poderán ser sustituidos pola resolución de exercicios curtos. 30
 
Observacións avaliación

Alumnos/as de novo ingreso:

Para que un/a alumno/a poda
ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os
casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados.

As prácticas de laboratorio
son obrigatorias. Deberáse obter unha cualificación mínima dun 50% nas prácticas de laboratorio para superar a materia.

A proba obxectiva abarcará todo o temario (Temas
1-8) e computará un 60% da avaliación. O/A estudante deberá ter un
mínimo do 33% da nota para aprobar a materia.

Os/as alumnos/as con
cualificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se
presentaron á proba obxectiva.

Alumnos/as co dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia:

Os/as estudantes, que por razóns xustificadas non efectúen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita
supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación do
laboratorio, que é obrigatorio. No caso de non poder facer as prácticas
presencialmente, debe poñerse en contacto cos/as profesores/as para propoñer as
prácticas axeitadas á situación persoal.

Os/as alumnos/as con cualificacións
de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba
obxectiva.

 

Alumnos/as repetidores:

Os/as alumnos/as repetidores
que faceren as prácticas no curso académico anterior, poderán renunciar por
escrito a fácelas de novo e optar a manter a puntuación do curso
2023-2024. No caso de non poder asistir, deberá poñerse en contacto cos/as
profesores/as para buscar solucións axeitadas e adecuadas a
situación.

 

Segunda Oportunidade e convocatoria extraordinaria:

A proba obxectiva abarcará
todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O/A estudante deberá
ter un mínimo del 33% da nota.

Se manteñen as cualificacións
obtidas para as probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados e das
prácticas do laboratorio.

 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometeu: ou/a
estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
O profesorado poderá facer os trámites que considere oportunos en caso de
sospeita.