Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 B1 B4 B5 C5 C8 Ao final do cuadrimestre e nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizarase a proba obxectiva final.

A proba obxectiva constará dun máximo de 10 preguntas sobre problemas e cuestións conceptuais teóricas.

Esta proba obxectiva representa o 70% da nota final da materia.
70
Solución de problemas A15 B1 B4 B5 C5 C8 Resolución de exercicios propostos e participación activa na aula. Interese e actitude do alumno.

A solución de problemas poderá ser o 15% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 4.0 puntos sobre 10.0 puntos.
15
Prácticas de laboratorio A15 B1 B5 C5 C6 C8 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia e imprescindible superalas para poder aprobar a materia

As prácticas de laboratorio poderán ser o 15% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 4.0 puntos sobre 10.0 puntos.
15
 
Observacións avaliación

Para poder sumar os puntos das actividades denominadas como
Solución de problemas" e "Prácticas de laboratorio", na nota da
"Proba obxectiva" o alumno terá que ter alcanzado un mínimo de 4.0
puntos.

Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que
a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.

Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación
corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.

O alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das
actividades obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.











A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará implicará que o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario