Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula, onde se realizará unha exposicion dos contidos teóricos da materia, empregando os medios audiovisuais axeitados no seu caso. O obxectivo é transmitir os coñecementos ó alumnado, orientando sobre os conceptos a desenrolar no seu tempo de traballo autónomo.
Prácticas de laboratorio As prácticas no laboratorio serán de tipo expositivo e interactivo. Consistirán en aplicacións prácticas dos coñecementos desenrolados nas sesións maxistrais, que serán levadas a cabo polo alumnado de acordo ás indicacións do profesor.
Solución de problemas O profesor explicará de xeito sistemático os métodos e recursos necesarios para a resolución de problemas tipo. Os alumnos resolverán os problemas propostos polo profesor.
Proba obxectiva Proba de avaliación onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dun xeito obxectivo. Consistirá nun número comprendido entre 6 e 12 preguntas, que alternará problemas e cuestións teóricas.