Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promove-la aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de cómo face-las cousas. Constitúe unha opción basada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independiente dos estudantes e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-tutor. |
Saídas de campo |
Actividades vinculadas a un contexto externo ó contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de productos (bocetos, deseños, ...), etc. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e a extracción de conclusións por parte de tódolos componentes do seminario. |