Estudo de casos |
Situacións en que se pide ao estudante que desenvolva as solucións adecuadas ou correctas mediante a utilización de metodoloxías, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Esta modalidade dá soporte a todas as demais, é dicir, o estudante vai dedicar unha gran parte do seu tempo ao traballo persoal e en grupo para afianzar e completar a información recollida nas clases expositivas e participativas, así como a resultante das prácticas de laboratorio e proxectos dirixidos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe |