Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A17 A4 A22 A18 A5 A6 A7 A8 A19 A9 A10 A14 A16 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios académicos e profesionais variados. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. 45
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A17 A4 A22 A18 A5 A6 A7 A19 A9 A10 A14 A16 Método de ensino-aprendizaxe no que os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto, nun tempo determinado e baixo a dirección dun responsable, para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades e todo iso a partir do desenvolvemento e aplicación de aprendizaxes adquiridas e do uso efectivo de recursos. 45
Seminario A1 A17 A4 A22 A18 A5 A6 A7 A8 A19 A9 A10 A14 A16 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e a extracción de conclusións por parte de todos os compoñentes do seminario. 10
 
Observacións avaliación
Os alumnos con dispensa académica terán que realizar os traballos avaliables na materia e non poderán optar ao 10 se non asisten aos seminarios.

A convocatoria adiantada require do coñecemento dos profesores para expor un traballo que implique a superación da materia. Se xa asistiu aos seminarios o ano anterior poderá optar ao 10.