Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilita-la aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promove-la aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor en escenarios académicos e profesionais variados. Está referida prioritariamente á aprendizaxe de como face-las cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-tutor.
Estudo de casos Estudo e análise de problemas e situacións representativas de forma metódica e estruturada, co objexo de profundizar en aspectos clave da asignatura.
Investigación (Proxecto de investigación) Método de ensinanza-aprendizaxe no que os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto, nun tempo determinado e baixo a dirección dun responsable, para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades e todo iso a partir do desenrolo e aplicación de aprendizaxes adquiridas y do uso efectivo de recursos.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e a extracción de conclusións por parte de tódolos participantes no seminario.