Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Nesta materia o alumno adquirirá coñecementos sobre os complementos da vestimenta feminina e masculina ao longo da historia e que forman parte da Moda, por canto a vestimenta e a roupa son moito máis que vestimenta; os complementos son elementos que individualizan e diferencian a cada individuo converténdose en símbolos e signos de distinción e identidade. Cada accesorio mostra aspectos como sentimentos, gustos ou o poder adquisitivo da persoa que o porta e utiliza en cada momento, así como as técnicas, materiais e estilos que estiveron en boga en cada período histórico, sendo ademais dunha fonte inesgotable de información e inspiración creativa, en definitiva, un coñecemento indispensable para entender e mesmo formular novas tendencias. AP1
AP3
AP4
AP5
AP7
AP12
AP14
AM1