Sesión maxistral |
Clases teóricas nas que se abordarán os contidos da asignatura. |
Lecturas |
Manexo de documentación técnica diversa, incluindo catálogos comerciais e manuais proporcionados polos fabricantes de equipos. |
Traballos tutelados |
No traballo de curso os alumnos deberán desenvolver de xeito colectivo un proxecto sobre calquera aplicación práctica relacionada cos contidos da asignatura, de acordo coas directrices establecidas na plataforma Moodle da asignatura. Tendo en conta que entre os obxectivos do curso se atopa a promoción do traballo en equipo, necesariamente os traballos serán realizados en grupo. Tanto a memoria do traballo coma unha copia da presentación (se for o caso) deberán ser subidos en formato dixital á plataforma Moodle da materia para a súa custodia e arquivo, respectando as datas e indicacións establecidas. |