Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Física/771G01001
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002
Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003
Enxeñería de Materiais/771G01004
Matemáticas I/771G01005
Matemáticas II/771G01006
Sistemas Mecánicos/771G01008
Teoría de Máquinas/771G01009
Procesos Industriais/771G01010
Deseño e Procesado con Polímeros/771G01011
Análise Asistido por Ordenador/771G01013
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014
Expresión Gráfica/771G01015
Expresión Gráfica Aplicada/771G01016
Deseño Asistido por Ordenador/771G01017
Ergonomía e Deseño/771G01030
Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033
Administración e Organización Industrial/771G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión da Calidade/771G01044

Materias que continúan o temario
Proxecto Fin de Grao/771G01027

Observacións

E importante ter superadas as materias indicadas, xa que Oficina Técnica é una materia de síntese que require das competencias e contidos adquiridos na meirande parte da carreira.


Recomendacións sobre sustentabilidade e medio ambiente:
Intentarase transmitir ao alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón tamén no comportamento persoal e profesional.
Para contribuír á consecución dunha contorna inmediata sustentable e ao cumprimento do obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudables e sostibles” do “Plan de Acción Campus Verde Ferrol”:
 A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- De se realizar en papel:
·         Non se empregarán plásticos.
·         Realizaranse impresións a dobre cara.
·         Empregarase papel reciclado.
·         Evitarase a impresión de borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
 Recomendacións en materia de igualdade de xénero e respecto á diversidade:
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.