Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Informática Avanzada e Integración do Deseño na Fabricación | Código | 771G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A5 A7 A8 B5 C6 | Esta avaliación consiste nun exame sobre coñecementos avanzados de SolidWorks. Poderá constar de unha ou máis partes. Para superar a materia non é necesario aprobar este exame. Debido á duración das distintas partes deste exame e as limitacións de tempo existentes nas convocatorias oficiais, algunhas partes deste exame só poderán ser realizadas polos estudantes se previamente superaron a proba práctica "coñecementos básicos de SolidWorks" no intento que se realizará durante o período de clases, antes do período de exames. |
20 |
Solución de problemas | A5 A7 A8 A9 B5 | Esta avaliación consiste nunha avaliación continua. Publicarase no campus virtual o calendario de exercicios a realizar e as datas de entrega. A puntuación total desta parte é a suma de puntos obtidos nos exercicios entregados ao longo do curso. Parte dos exercicios realizaranse en clase coa axuda dos profesores. O resto dos exercicios realizaranse fora da clase, habitualmente con axuda de video-titoriais. |
50 |
Proba práctica | A5 A7 A8 B5 C6 | Esta avaliación consiste nun exame sobre coñecementos básicos de SolidWorks. Aprobar este exame é requisito imprescindible para superar a materia e para poder presentarse á outra proba práctica (examen avanzado de SolidWorks). Se se suspende este exame, será cualificado cun 0 e a nota máxima na materia non poderá superar o 4 independientemente da suma de puntuacións obtiva no resto de probas avaliadas. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia a clase é voluntaria e non se avalía, pero recoméndase asistir para aproveitar ao máximo a materia. Segunda oportunidade (xullo) e convocatoria adiantada (decembro): os criterios de avaliación serán os mesmos que en primeira oportunidade. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións previstas na normativa vixente. Non se acepta dispénsaa académica, xa que a asistencia a clase é voluntaria. Os estudantes a tempo parcial serán avaliados igual que os estudantes a tempo completo, xa que a asistencia a clase non é obrigatoria. |