Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os diferentes membros do grupo poden pedir unha titoria persoalizada a través do correo electrónico para ser atendidos preferiblemente o dia da clase maxistral ou despois da titoria de grupo moi reducido.

Así mesmo, se o grupo formado ten algunha dúbida de material explicado en clase, pódese consultar co docente no seu despacho ou fixar outro momento para aclarar dúbidas e facilitar o seguimento do alumnado.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.