Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Expresión Artística | Código | 771G01041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Estas actividades lévanse a cabo antes de iniciar o proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á asignatura. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais expoñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos na pizarra, como vías principais de transmisión da información. |
Obradoiro | Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión permanente durante o tempo da clase. |
Traballos tutelados | Os traballos tutelados son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesorado. Ó longo do cuadrimestre iránse propoñendo ó alumnado unha serie de enunciados xenéricos, para que os desenvolva pola súa conta e os entregue ó finalizar a asignatura. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario. |
Proba obxectiva | Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da asignatura. |