Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas da Expresión Artística Aplicada | Código | 771G01042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A4 A7 A8 B9 B10 | Haberá que realizar varios traballos ao longo do curso. Levaranse a cabo de xeito individual ou en grupo. Os criterios de valoración destes traballos expoñeranse en clase e publicaranse no Moodle da materia. A entrega fóra de prazo de calqueira destes traballos está penalizada cunha minoración do 30% na nota. Esta condición rexe tamén para a eventual entrega na convocatoria de segunda oportunidade: todas as entregas na segunda oportunidade teñen esta penalización por considerarse entregas fora de prazo. Non é posible superar a materia sen acadar unha nota mínima de 3 sobre 10 en cada un dos traballos tutelados. |
60 |
Obradoiro | A8 B4 B6 C6 | Encargaranse unha serie de traballos sinxelos (entre 8 e 10; o número dependerá do desenrolo do curso) que se discutirán mediante técnicas da dinámica de grupo co profesor nas sesións. Para que os traballos sexan evaluados é condición imprescindible ter asistido á sesión onde se presentaran e discutiran. Os traballos entregados fora de prazo teñen unha penalización do 30% na nota. |
20 |
Proba mixta | A7 A8 B6 | Consistirá na realización dunha proba de respostas múltiples con cuestións teórico-prácticas relacionadas co contido da materia. É preciso obtener a lo menos unha puntuación de 3 sobre 10 nesta proba para superar a asignatura tanto na convocatoria ordinaria coma na de segunda oportunidade. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Os alumnos que non cumpran a condición de obter un mínimo de 3 sobre 10 na proba obxectiva ou nalgún dos traballos tutelados e teñan unha nota media ponderada, segundo os conceptos avaliables, superior ou igual a 5.0, serán cualificados no total da materia cun 4,9 (suspenso). Na convocatoria de segunda oportunidade, a nota obterase mediante a media ponderada das cualificacións dos traballos tutelados (60%), os traballos encargados nos obradoiros (20%) e a nota do exame final (20%). Con todo, nesta convocatoria so es posible presentarse ao exame e/ou facer os traballos tutelados individuais. Manterase para o cómputo da nota final a cualificación de "obradoiro" obtida durante o curso e a dos traballos tutelados feitos en grupo. Os temas dos traballos tutelados individuais para a convocatoria de segunda oportunidade comunicaranse cun prazo suficiente e poderían non ser os mesmos que se encargaron durante o curso. Os alumnos con dispensa académica ou aqueles que concorran á convocatoria adiantada, serán avaliados mediante os traballos tutelados individuais e un exame do contido da materia. A nota obterase promediando as notas dos traballos (70%) e do exame (30%). As cualificacións obtidas en calqueira das metodoloxías que serven para a avaliación final só son válidas no curso académico no que son cualificadas (non se gardan notas para cursos posteriores nin se rescatan de cursos anteriores). |