Análise Económica e Administración de Empresas Economía
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral
Coñecer os fundamentos básicos das cuestións económicas máis relevantes, tanto na súa vertente macroeconómica como microeconómica. O estudo dos conceptos fundamentais, instrumentos e principios de economía permite comprender as decisións económicas da cidadanía nos seus diferentes roles como consumidores, inversores, votantes, empregadores/empregados, emprendedores, etc. O desenvolvemento desta materia está pensado en última instancia para entender a industria da moda e poder aplicar o aprendido sobre o funcionamento dos mercados (empresas e clientes) e a análise da competencia empresarial ás cuestións e problemáticas desta industria.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
- Proba mixta (realizarase de forma virtual, preferibleme a través de Moodle)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizarán cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da aprendizaxe colaborativa.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros” (valorarase a inclusión de foros temáticos asociados a cada módulo da materia), para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver a “Aprendizaxe colaborativa”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e da aprendizaxe colaborativa na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización da “aprendizaxe colaborativa”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: Elimínase o requisito mínimo de 2 puntos sobre 4 na proba mixta (exame final) de forma que o alumnado que suspenda esta proba NON figurará en actas coa calificación obtida na mesma senón coa suma de todas as calificacións obtidas en cada unha das partes obxecto de avaliación.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a) Asistir e participar regularmente nas actividades da aprendizaxe colaborativa.
b) Obter unha puntuación total mínima do 50% do total de actividades obxecto de avaliación.
d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías