Conceptos estéticos. Historia, teoría e crítica estética. Deseño e significado na cultura contemporánea.
Patronaxe industrial: terminoloxía é técnicas de patronaxe industrial. Conceptos básicos de debuxo e representación. Elaboración de patróns base axustados a deseños sinxelos e transformacións e escalados dos mesmos. Iniciación ó software CAD/CAM de patronaxe industrial.
Plan de continxencia
No caso de que se produzan circunstancias excepcionais, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade.
Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado.
1. Modificacións nos contidos
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Se mantiene el conjunto de las metodologías docentes empleadas, pasando el modo docente a desarrollarse de manera no presencial, total o parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non está previsto modificar metodoloxías docentes
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os mecanismos de atención personalizada ó alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional.
Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente dende o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantéñense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías