Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Debate virtual B4 C1 C2 C3 Discusión dun tema específico (artigo científico especializado) por parte do alumnado. 10
Seminario A3 B4 C1 C3 O alumnado deberá realizar e expoñer un traballo relacionado cos contidos da materia. 40
Proba mixta A3 C1 Realización dunha proba escrita (baseada esta en preguntas de resposta curta e/ou tipo test) e/ou oral sobre os contidos básicos da materia. 50
 
Observacións avaliación

Consideracións xerais:

O alumnado disporá de dúas
oportunidades oficiais para superar a materia (ver calendario en http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/).

A cualificación de Non
Presentado aplicarase unicamente no caso de que o/a alumno/a non se  presentase nalgunha das oportunidades oficiais existentes.

Aspectos e criterios de avaliación:

- Alumnado con dedicación completa e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia

Na oportunidade de final de cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da
cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de
avaliación: a) realización dunha proba mixta sobre os contidos da materia,
representando o 50% da cualificación final, b) a realización e
presentación do traballo nos seminarios suporá o 40% da cualificación final, e c) a participación activa na sesión de discusión/debate suporá o 10% da cualificación
final
.

Na segunda oportunidade poderase/n
recuperar a/s parte/s non superada/s, exame (proba mixta) e/ou traballo, representando cada
unha destas o 50% da cualificación final.