Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos conceptos e leis asociados aos fundamentos da mecánica e as ondas.
Seminario Aplicación dos conceptos presentados nas sesións maxistrais mediante a resolución de exercicios de maneira interactiva.
Traballos tutelados Realización de dous traballos tutelados, un abordarase de forma individual mentres que o outro consistirá en desenvolver unha serie de tarefas de forma colaborativa dentro dun grupo.
Proba mixta Realización de forma individual de probas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.