Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. 50
Presentación oral C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para presentar oralmente os coñecementos específicos desta materia aplicados ao caso de empresa. 30
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A13 A15 C3 Valorarase a asistencia e a elaboración de ensaios críticos sobre charlas/conferencias dos profesionais invitados. 20
 
Observacións avaliación
Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada: O sistema de
avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para as demais
oportunidades dacordo aos seguintes criterios.

No caso do Estudo de casos e Presentación oral:
Para os estudantes que
participaron activamente, no proxecto empresarial, desenvolto polo
equipo ao que foron asignados, na cal consta a súa participación
mediante a pertinente avaliación continua, pediráselles que realicen e
presenten un traballo corrixido e ampliado daquela parte ou partes que
non alcanzasen os mínimos requiridos.
Para aqueles estudantes que non participasen de modo activo, no proxecto
empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados,
esixiráselles que realice e presente un traballo inédito relacionado co
proxecto e cun enfoque orixinal, sempre en coherencia coa visión
integral do realizado polo alumnado que superou a primeira oportunidade.
No caso dos eventos científicos/divulgativos: Pediráselles a todos os
alumnos que realicen algún ensaio crítico sobre situacións concretas e
reais á cales se tiveron que enfrontar ou se terían que enfrontar,
vinculadas coas decisións no ámbito da dirección, xestión ou
administración de empresas.

Alumnos con
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No
caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como
vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a
entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de realizar
actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a
tempo completo.



Cualificación
de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.



.