Metodoloxías
Estudo de casos
Discusión dirixida
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Descrición
O docente, ademáis de atender ás cuestions plantexadas polos estudantes en cada unha das clases, os atenderá nas sesións de titorías de xeito personalizado.

Durante o traballo con casos, o estudante poderá intervir para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista. O docente traballará cos grupos orientándolos no plantexamento do caso, fomentando a discusión constructiva entre os compoñentes do grupo e corrixendo aqueles aspectos do traballo que, a xuizo do docente, así o necesiten.

Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial e a dispensa académica de exención de asistencia utilizarán as plataformas Teams e Moodle e o correo electrónico como vehículos de comunicación principais para a xestión de contidos do curso, as titorías co profesor e a entrega de traballos.

Aquele alumnos afectados por problemas sanitarios poderán seguir as clases por Teams e entregar as súas tarefas en Moodle.