Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
O profesor organizará sesións de titoría individual e en grupo para clarificar e discutir os diferentes aspectos dos traballos e casos, profundar en contidos de maneira específica e resolver dúbidas.O profesor ademais de atender ás cuestións expostas polos estudantes en cada unha das clases, atenderaos de forma máis ampla e personaliza nas sesións de tutorías.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberán informar ao comenzo do curso. Empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Nos horarios de tutoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia.

As tutorías serán a través de TEAMS.