Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 Inclúen as prácticas con material cuantitativo. Refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Os estudos de caso avaliaranse a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento 0
Lecturas A7 A11 A13 C2 C5 Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento
0
Presentación oral A6 A7 A10 A13 B3 C1 A participación activa do alumnado nas clases, a través das presentacións orais para a corrección de casos prácticos, terase en conta para elaborar a cualificación final dos estudantes dubidosos, aos que lles falten poucas décimas para o aprobado ou para subir nota. 0
Proba obxectiva A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas. O exame representa o 70% da avaliación final do estudante. Pero para superar a materia o estudante haberá de obter un mínimo de 3 puntos no exame final e unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación global (exame + estudo de casos). No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia. 70
Sesión maxistral A2 A4 A7 A8 C4 Nestas sesións o profesor impartirá as pautas clave da materia que os estudantes deben coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. 0
Proba de ensaio A3 A6 A9 A12 C1 Inclúen as prácticas con material cuantitativo (estudos de caso e Lecturas). Ao inicio do curso, a profesora establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables e computables na nota final. En conxunto, as dúas probas avaliables contarán 3 puntos na nota final de curso (1,5 cada proba). 30
 
Observacións avaliación

O alumnado comezará a ser avaliado dende o primeiro día de curso independentemente da súa data de matrícula. O cómputo da asistencia comezará dende o primeiro día do curso independentemente da súa data de matrícula.

Se o alumno se presenta a unha das probas avaliables de "Estudos de caso" e non se presenta á segunda proba avaliable de "Estudo de caso" nin ao exame final, a súa avaliación será Non Presentado". No caso contrario, se se presenta a dous estudos de caso (preséntese ou non ao exame final), a súa cualificación será a correspondente á nota obtida no conxunto de exercicios avaliables realizados no curso.

O exame ou proba obxectiva celebrarase na convocatoria oficial establecida pola Xunta de Facultade. Para superar a materia, o estudante haberá de obter en conxunto (exame + estudo de casos) unha cualificación de 5 puntos, co requisito obrigatorio de ter obtido un mínimo de 3 puntos no exame. No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia.

OPORTUNIDADE ADIANTADA: O criterio de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que opere para a oportunidade adiantada de avaliación