Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle o traballo a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, repasaranse os conceptos básicos da materia de Introdución á Econometría anteriormente cursada.
Sesión maxistral Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores, nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais.
Obradoiro Docencia interactiva dedicada á solución de exercicios nos que se aplican os conceptos teóricos.
Proba mixta Permite preguntas de desenvolvemento e preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación de completar e/ou de asociar.
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.