Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Descrición
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características de cada alumno.
- Sesións para preparar as probas obxectivas.
- Tratamento de todas as cuestións relacionadas co traballo que os alumnos haxan de realizar como parte do proceso de aprendizaxe.
- Formaranse dous subgrupos de alumnos. Cada un deles terá 4 horas de titoría. Avisarase en clase, con antelación, sobre o lugar e as datas en que se van celebrar.
- A atención prestarase nas horas de clase previstas para esta actividade e no horario de titorías.