Metodoloxías Descrición
Presentación oral Nas clases presenciais desenvolverase a explicación teórico-práctica dos aspectos máis relevantes ou novedosos da materia
Estudo de casos Os profesores das diferentes sesións encargarán aos estudantes o estudo de casos ou o desenvolvemento de traballos para a adquisición das competencias propias da materia que formarán parte da avaliación do módulo
Solución de problemas Algunhas das actividades a desenvolver suporá a resolución de problemas reais ou ficticios a través do traballo autónomo do estudante, individualmente ou en grupo. Estas actividades tamén serán avaliábeis.
Seminario Celebranrase durante o tempo de impartición do módulo seminarios monográficos sobre temas especialmente relevantes ou de actualidade por profesorado externo ou convidado.
Lecturas Debido ao carácter semipresencial do mestrado, parte da tarefa do estudantado será a realización das lecturas encomendadas polo profesorado e a realización das actividades asociadas a estas lecturas.