Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O alumno recibirá clases maxistrais nas que o profesor, coa axuda dos medios audiovisuais pertinentes, expoñerá os contidos teórico-prácticos da materia. Fomentarase en todo momento a participación e o debate.

Tanto as clases como o material se darán en lingua española ou galega.
Solución de problemas Os problemas formulados reforzarán tanto o carácter aplicado da materia coma a súa interactividade. Os alumnos poderán expoñer as súas dúbidas e inquietudes referidas á materia, e terán a oportunidade de realizar, coa guía do profesor, problemas similares aos dos exames. Ademais, cunha atención moi individualizada, poderán complementar os casos prácticos.
Traballos tutelados O alumno terá que facer un estudo dun caso práctico onde amose os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Proba mixta O alumno deberá demostrar o seu dominio dos aspectos teóricos da materia e a súa capacidade para a resolución de problemas do ámbito da probabilidade e da estatística.