Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais - Farase unha presentación da asignatura, coa lectura dos aspectos máis importantes da guía docente, e resolveranse as cuestións que plantexe o alumnado sobre a mesma.
- Avaliaránse os coñecementos previos do alumnado no ámbito da Bioloxía e a Física que lle permitan abordar con seguridade os contidos da Anatomía e a Cinesioloxía.
- Discutirase sobre a motivación pola que o alumnado inicia estes estudios e sobre cal é a importancia que neles lle asignan ao estudo da Anatomía e a Cinesioloxía.
- A información obtida permitirá iniciar e desenrolar a docencia con maiores garantías de comprensión e interese por parte do alumnado.
- Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudio axeitado da materia.
Sesión maxistral - As sesións maxistrais levaranse a cabo en grupo grande (de 60 alumnos/as). A situación actual da COVID-19 obrigará a que estas sesións se impartan de xeito telematico (por Mcrosoft Teams) nun grupo único.
- Durante a sesión o profesor fará unha exposición oral e resumida dos contidos máis importantes, coa axuda de medios audiovisuais.
- Nembargantes, a maior parte da sesión dedicarase a resolver as dúbidas ou dificultades que o alumnado atopase ao longo do estudo e preparación previa dos temas.
- Nestas sesións faranse preguntas dirixidas ao alumnado para que reflexionen sobre os aspectos máis relevantes e fixen, de este modo, ditos conceptos.
Prácticas de laboratorio - A docencia interactiva (prácticas de laboratorio) levarase a cabo en grupos medianos (de 20 alumnos/as).
- Nelas abordaranse os contidos de Osteoloxía, coa axuda de maquetas e pezas esqueléticas humanas.
- Previamente á práctica, o alumnado fará un estudo (non presencial) dos osos que correspondan a cada práctica, co material docente dispoñible en Moodle.
- O profesor resolverá ás dúbidas que os alumnos poidan plantexar, e incidirá nos elementos máis relevantes de cada peza ósea.
Portafolios do alumno - O alumnado elaborará un caderno de traballo, que se fará escrito e debuxado a mán, que recollerá a descrición de tódalas prácticas de docencia interactiva (estudo da Osteoloxía), así como aqueles contidos do bloque temático de Xeralidades que proporá o profesor.
Estudo de casos - Os estudos de casos vanse desenrolar en grupos medianos (de 20 alumnos/as).
- Consistirán no estudo de patoloxías nas que están implicadas estructuras anatómicas, así como pode ser a resolución de problemas de análises articulares e musculares de posturas ou de movementos propostos polos profesores.
- Tamén poderán consistir no deseño de exercicios físicos nos que estean implicados distintos segmentos corporais.
Proba de resposta múltiple - Consistirá en varias probas que permitan evaluar a adquisición dos obxectivos sobre os coñecementos e competencias de cada bloque temático.
- Explícase con máis detalle no apartado de Evaluación.
Proba obxectiva - Consistirá nunha proba que permita avaliar a adquisición dos obxectivos sobre os coñecementos e competencias da materia.
- Explícase con máis detalle no apartado de Avaliación.