Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva C6 C1 - A puntuación máxima desta proba é dun 40% da puntuación total da asignatura, que se sumaría á puntuación obtida polo portafolios e polas probas de resposta múltiple.
- Esta proba é voluntaria. Se algún/a alumno/a obtivese a suficiente puntuación para superar a asignatura mediante as probas de resposta múltiple e o portafolio, pode prescindir de realizar esta proba final.
- Esta proba obxectiva final incluirá tódolos contidos impartidos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
- En ningún caso se conservarán as cualificacións desta proba para posteriores convocatorias de outros cursos académicos.
- O texto e as preguntas da proba obxectiva serán en castelán, pero todos os/as alumnos/as que desexen realizar unha proba en língua galega, poden solicitalo cunha antelación dunha semana ao profesor para poder elaborar a proba e se lles facilitará o acceso a un examen en dita língua oficial.
- A proba obxectiva poderá constar de 40-80 preguntas de diferentes tipos: de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que so unha será correcta ou ben de resposta múltiple); identificación de elementos anatómicos en láminas ou debuxos; resolución de problemas de exercicios de movementos libres ou con pesas ou máquinas; preguntas curtas; preguntas de desarrollo; emparellamento de termos, de completar enunciados, etc.
40
Portafolios do alumno B2 B7 C1 A puntuación máxima é dun 20%. Valorarase se no portafolios están incluidos todos os contidos impartidos e se non existen erros na descrición.

GUIÓN PARA A ELABORACIÓN DO PORTAFOLIO
ANATOMÍA E CINESIOLOXÍA DO MOVEMENTO HUMANO

ASPECTOS FORMAIS.
- O traballo deberá facerse a man.
- Portada.- Páxina inicial con: nome da Facultade, nome da asignatura, curso académico, nome do/da alumno/a.
- Índice.- O traballo debe de ter un índice paxinado no que se reflicta, como mínimo, o número de bloques temáticos da asignatura, así como os subapartados que o alumno/a considere necesarios para orientar mellor a lectura do mesmo.
- O formato será en DIN A4.
- Data de entrega.- O portafolio entregarase ao profesor na última clase do curso académico. Se a situación da COVID-19 non permitise entregar o traballo ao profesor de forma persoal, farase un escaneo ou fotografía das páxinas e se elaborará un documento en formato pdf que se entregaría por correo electrónico.

CONTIDOS
- Organización en bloques temáticos da asignatura (Xeralidades, Cabeza e tronco, Membro superior e Membro inferior), incluindo os contidos das sesións maxistrais, prácticas interactivas e estudo de casos.
- No estudo da Osteoloxía de cada bloque temático abordaráse de xeito independente cada peza ósea estudada. En cada oso ou grupo de osos (por exemplo, vértebras) se incluirán debuxos e se sinalarán nos mesmos tódolos elementos anatómicos que se estudaron en cada oso.
- No estudo do bloque de Xeralidades se incluirán aquelas cuestións suxeridas polo profesor, e que estarán dispoñibles nun arquivo en Moodle.
20
Proba de resposta múltiple C6 C1 A avaliación continua realizarase mediante catro probas de resposta múltiple que terán lugar no prazo dunha semana trala finalización de cada bloque temático. A puntuación máxima destas catro probas é dun 40% da puntuación total da asignatura.
- Esta proba está dividida en catro probas independentes, correspondentes cada unha delas a un bloque temático da asignatura. A puntuación máxima de cada proba será dun 10% da puntuación final da asignatura.
- Cada unha destas catro probas incluirá tódolos contidos de cada bloque temático impartidos nas sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e no estudo de casos.
- En ningún caso se conservarán as cualificacións destas probas para posteriores convocatorias de outros cursos académicos.
- O texto e as preguntas da proba obxectiva serán en castelán, pero todos os/as alumnos/as que desexen realizar unha proba en língua galega, poden solicitalo cunha antelación dunha semana ao profesor para poder elaborar a proba e se lles facilitará o acceso a un examen en dita língua oficial.
- Cada proba podrá constar de 10-20 preguntas de resposta múltiple de diferentes tipos: de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que so unha será correcta ou ben de resposta múltiple), de completar enunciados, de emparellamento de temos, etc.
- Para superar cada unha das probas será necesario obter alomenos un 30% da máxima puntuación posible. Se non se supera esta porcentaxe do 30%, a puntuación da proba será de 0 puntos e o/a alumno/a poderá examinarse dese bloque temático na proba obxectiva final.
40
 
Observacións avaliación

As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).