Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A16 A18 A33 B15 C3 C6 C7 Desenvolvemento de tarefas encomendadas ao longo de sesións teóricas e prácticas sobre un determinado contido para comprobar o nivel de adquisición e comprensión por parte dos alumnos. 50
Proba obxectiva A2 A3 A4 B3 B5 B11 B16 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación das aprendizaxes dos contidos teóricos e prácticos, con preguntas de resposta corta. 50
 
Observacións avaliación

- A asistencia é obrigatoria. Para optar á avaliación final é necesario cumprir un mínimo do 70% de asistencia nas sesións prácticas e un mínimo do 70% de asistencia nas sesións teóricas.
- Para os alumnos con matrícula a tempo parcial será permitido non cumprir a asistencia mínima nas sesións teóricas, pero sí deben cumprir nas prácticas, puidendo escoller o horario de acordo cos profesores.
- Os alumnos lesionados poden participar nas prácticas ben como árbitros, xuices ou animadores dos xogos, pero deben asistir ás sesións e implicarse activamente.
- O resultado da cualificación final será a suma de cada apartado na súa porcentaxe correspondente. Cada apartado da avaliación debe ser aprobado por separado e só suma na cualificación final se está puntuado por encima de 5 puntos sobre 10.
- Os criterios de avaliación son os da Guía Docente do curso en vigor.
- A redacción do texto da proba obxectiva será en castelán. Se algún alumno desexa obtela en galego, deberá solicitalo cunha semana de antelación a data oficial da proba.
- Todos os traballos e tarefas encomendadas deben ser presentados correctamente redactados e sen faltas de ortografía para poder ser avaliados.
- Todos os traballos e tarefas encomendadas deben respectar os seguintes aspectos formais: paxinación, tamaño de fonte 12, interlineado sinxelo e xustificación do texto por ambos lados, e aterse á estrutura seguinte: portada con título do traballo e autores, índice, introdución, obxectivos do traballo, desenvolvemento do traballo, conclusións e bibliografía. A ausencia ou incorrección de calquera destes apartados ocasiona o suspenso do traballo.