Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación polo profesor da guía docente da materia
Práctica de actividade física Práctica por parte das/dos estudantes das tarefas motoras propostas polo profesor en relación cos contidos de aprendizaxe
Portafolios do alumno O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descripcionesdescricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase
Recensión bilbiográfica O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase
Proba mixta Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: cada 4 sesións, as/os estudantes realizarán unha proba de dominio técnico-táctico en base a un partido 6x6 a 25 puntos. En dita proba, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo.

Traballos tutelados Os/as estudantes elaborarán un traballo de desentrolodesenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria.
Sesión maxistral Explicación dos aspectos técnico-tácticos e regulamentarios. As sesións organizaranse tanto de maneira presencial como a través da plataforma Teams, sendo decisión do profesor a opción utilizada. No caso de ser presencial, a súa organización respectará as recomendacións sanitarias e normativas legais vixentes no momento da realización da mesma.
Aprendizaxe colaborativa Os/as estudantes organizarán tuteladamenete, e en pequeno grupo, unha sesión orientada a alumnos/as de secundaria na que asumirán o rol de profesor/a de Educación Física impartindo unha Unidade Didáctica de voleibol.