Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado deberá presentar nas dúas primeiras semanas de curso, un proxecto sobre os contenidos da asignatura que terá que ser aprobado polo profesor nun prazo dunha semana desde a súa presentación.
Os diferentes proxectos estarán relacionados con
1. Programas de iniciación deportiva.
2. Satisfacción coa práctica deportiva de mozos e mozas xogadores de baloncesto.
3. Valores, xénero e deporte na iniciación e especialización deportiva.
Portafolios do alumno O alumnado deberá realizar unha recensión dos seguintes traballos e entregalos no momento e formato indicados:
1. Claves para ser un entrenador excelente (F. Smoll). Barcelona: Edit. INDE
2. Conexiones epistemológicas, metodológicas y tecnológicas en la iniciación deportiva: Investigación y práctica. (https://www.researchgate.net/publication/304348798_Conexiones_epistemologicas_metodologicas_y_tecnologicas_en_la_iniciacion_deportiva_Investigacion_y_practica).
3. Sport in Society, 6ª ed. (Jay J. Coakley) capítulo 5 páginas 116-143.
4.Bases para una didáctica de la educación fisica y el deporte (Sánchez Bañuelos, F.). 1982. Madrid: Editorial Gymnos. Parte II, páginas 51 a 100.

O alumnado incluirá no portafolios tanto as recensións feitas e xa entregadas, como outros traballos feitos ao longo do curso.
O alumnado empregará unha carpeta de aneis para presentar o seu traballo como parte da avaliación final.
Práctica de actividade física Realización das habilidades específicas do baloncesto.
O exame práctico consistirá en diversas probas:
1. Lanzamentos de tiro libre con a man dominante e a non dominante.
2. Desenvolver o xogo 1x1 seguindo adoptando diversas estratexias, tácticas e técnicas do baloncesto.
3. 3x0 en medio campo; aplicando diversos principios do xogo libre en relación con a posición do balón.
4. 3x3 en medio campo. Nesta situación de xogo global teranse en conta os aspectos básicos que deberán desempeñar como xogador/a con balón, compañeiro do xogador/a con balón e como defensores/as nestas dúas situacións.