Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 O/a estudante entregará na data oficial do exame o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, a execución, e aspectos formais na edición do video. 10
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta test, curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-prácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria. 30
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. 10
Práctica de actividade física A4 A5 A7 A8 A11 A25 A26 A27 B1 B2 B7 B16 Estes contidos serán avaliados mediante 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10). Suporán o 40% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final) cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

40
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas para o efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriromente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.
O/a estudante deberá completar polo menos 6 planillas de observación que terán que ser entregada ao profesor da materia nalgunha das datas oficiais de examen establecidas para a primeira ou segunda oportunidade

10
 
Observacións avaliación

Será de obrigado cumprimento a asistencia a un mínimo do 70% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz (40%), e o de Simulación (10%) podan ser sumados no cómputo xeral final. Unha vez que o 70% (60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar:

a) O 40% da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz, toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5.

b) O 10% do valor da Proba de Simulación, ainda que a puntuación sexa menor de 5 puntos.

No caso de non ter o 70% mínimo de asistencia (ou 60% nos estudantes con matrícula a tempo parcial), e considerando as circunstancias, o/a estudante poderá obter a porcentaxe do 40% das Probas de Valoración Motriz, no caso de dispoñer de mais dun 7 neste apartado.

Nen as Prácticas a través de TIC nen as Prácticas Clínicas precisan asistencia para a súa avaliación.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar a porcentaxe correspondente, e superar a asignatura, é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A cualificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en consideración, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso ao inicio do curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os relativos a estudantes con algunha discapacidade, serán tratados e resoltos individualmente polos profesores da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á proba mixta, en caso de que esta non fose superada previamente, implicará a calificación do/da estudante como non presentado.