Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O alumnado deberá buscar información relativo aos contidos expostos na sesión maxistral. Así mesmo deberá ler comprensivamente a información atopada, asentando as ideas fundamentais dos devanditos contidos.
Solución de problemas Exporanse porblemas de reforzo aos contidos teóricos da materia. Problemas de estatística descritiva, descrición de realidades e análises de datos competarán este percorrido.
Esquemas Realizaranse esquemas e resumos dos contidos impartidos en tres momentos clave do desenvolvemento da materia. Os esquemas serán cualificados.
Análise de fontes documentais Esta metodoloxía permitirá ao alumnado tanto valorar a calidade e os principios éticos das publicacións como o método seguido nos artigos de investigación. Tamén é importante esta actividade para ler documentos científicos que recrean os pasos do método científico. Esta actividade será cualificada.
Investigación (Proxecto de investigación) Nesta actividade realizarase un pequeno proxecto de investigación no que se percorrerán os distintos pasos do método científico e presentarase en formato de documento científico. Esta actividade será cualificada. Os/as alumnos/as deberán ser capaces de realizar a formulación e/ou o desenvolvemento da investigación nos ámbitos da metodoloxía experimental, a descritiva e/ou a cualitativa. Deste xeito será posible incluír varias metodolgías no desenvolvemento do proxecto de investigación.
Mapa conceptual É unha actividade calificable na que o/a alumno/a terá que entregar un mapa conceptual dos contidos da materia.
Proba mixta O alumnado realizará dúas probas mixtas calificables (tests,preguntas curtas, problemas, relacionar, completar, etc). A primeira proba será realizada sobre os contidos dos dous primeiros temas da materia, deste xeito o/a alumno/a obtén información para dirixir o seu proceso de aprendizaxe. Finalizado o curso, realizarase unha segunda proba final sobre toda a materia do curso.