Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral 1. FASE FORMATIVA/INFORMATIVA
Constará, como mínimo, de 4 sesións realizadas on line ou presencialmente ao longo do 1º cuadrimestre, nas etapas que se determinan a continuación, e cuxas datas determinaranse na Guía Docente:

- Setembro: Presentación da Guía Docente e Normativa do TFG, na que explicarán con detalle todos os apartados do mesmo. A partir desta presentación, abrirase o período de solicitude de asignación das Unidades de Competencia.
- Outubro: Presentación da distribución do alumnado na Unidade de Competencia e taller sobre búsqueda e recollida de información.
- Novembro: Primeira reunión co PDI de cada Unidade de Competencia para organizar o traballo do 2º cuadrimestre. - Decembro: Taller sobre escritura (exercicios de parafraseo), referencias bibliográficas e normas APA/Vancouver.

Será imprescindible a realización desta fase para poder realizar as seguintes.

2. ASISTENCIA ÁS UNIDADES DE COMPETENCIA
A oferta das mesmas poderá modificarse e axustarse en cada curso académico, para poder adaptala aos intereses do alumnado.

Cada Unidade de Competencia terá seis sesións de 1,5 horas no 2º cuadrimestre (establecidas no horario oficial do curso) e será impartida polo Director da mesma. As sesións poderán realizarse on line ou presencialmente. A asistencia será obrigatoria, polo menos, a 4 das sesións programadas.

As sesións das Unidades de Competencia serán impartidas ao longo do 2º cuadrimestre. Cada Unidade de Competencia terá un máximo de 15-20 alumnas/os e un mínimo de 8 (salvo excepcións autorizadas polo Decanato).
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.