Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A4 A21 A25 A26 B8 B12 Evaluación continua.
10
Traballos tutelados A8 A10 A17 A29 Planificación dunha progresión didáctica para o ensino-aprendizaxe dunha tarefa específica implícita na navegación a vela. (concretar co profesor).
20
Saídas de campo B5 B14 C7 Visita guiada a velera, estaleiro e Salvamento Marítimo. Asistencia e anotación en portafolio do alumno para obter a máxima puntuación. 5
Obradoiro A30 B2 Asistencia obrigatoria a un dos dous obradoiros programados:
1.- Traballos con cabos e nós.
2.- Traballos con fibra de vidro.
Asistencia e anotación no portafolio para obter a máxima puntuación.
5
Portafolios do alumno A8 A11 A19 Presentación e defensa do Diario de prácticas presentado polo alumno. 20
Esquemas B11 Realización de resumos esquematizados de dúas sesións prácticas desenvolvidas ao longo do curso a proposta do profesor. 10
Proba obxectiva A5 A8 A26 B1 Desenvolvemento de dúas probas: inicial 10% e final 20%.
O alumnado responderá a preguntas de entre os contidos da materia (10%). Valorarase especialmente o apoio do texto por medio de debuxos e esquemas.
Na proba final exporase un suposto práctico consistente en desenvolver sobre papel o percorrido correspondente a unha navegación entre balizas en diferentes rumbos explicando as manobras realizadas (10%).
30
 
Observacións avaliación

Nas dúas oportunidades de avaliación é necesario obter 5 puntos para superar a materia. Ningunha das partes da avaliación é excluínte. A nota final será a media ponderada de cada unha das partes da avaliación. 

Na primeira oportunidade, a cualificación final virá determinada de acordo ás porcentaxes establecidas nesta GD. Os-as estudiantes que non realicen prácticas de navegación, poderán obter a puntuación correspondente por medio dun suposto práctico.

Na segunda oportunidade de avaliación, a proba obxectiva cualificarase con 10 puntos indicándose no encabezado da proba a porcentaxe de cada un  dos apartados (40% parte teórica e 60% suposto práctico).

Alumnado con matrícula parcial, lesionados-as ou asimilados-as, acordarase co profesor a forma de avaliación. A proba obxectiva constituirá o 60% da avaliación, adaptando a cada caso o 40% restante entre os traballos tuteados e a proba ou suposto práctico.

O idioma de impartición de clases e de realización da proba obxectiva é o castelán. Se o alumnado desexa realizar a proba obxectiva noutro idioma deberá solicitalo por escrito ao profesor, con dez días de antelación.

Para optar á máxima puntuación na práctica da vela, é imprescindible asistir ao 70% das sesións prácticas.