Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A10 A19 A22 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En aplicacion de los conocimientos adquiridos el alumno desarollará bajo la tutela del profesorado de la asignatura las diversas tareas encomendadas 100
 
Observacións avaliación

A avaliación debe servir para verificar que o alumno ha asimilado os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquirido as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variada (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar se o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas.

O carácter eminentemente práctico desta materia facilita a avaliación continua dos alumnos, xa que é imprescindible unha continua interacción entre o profesor e os alumnos na aula de informática para o correcto desenvolvemento dos exercicios prácticos. Por este motivo é posible asignarlle á avaliación continua un peso do 70%. O 30% restante corresponderá á avaliación dos resultados dos exercicios prácticos entregados polo alumno.