Código Competencias do título
A23 Capacidade para xestionar informaticamente a documentación técnica e as operacións de mantemento.
B2 Capacidade para resolver problemas de forma efectiva.
B5 Capacidade para traballar de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B7 Capacidade para uso das novas tecnoloxías TIC e de internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B9 Capacidade de análise e síntese.
B10 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B11 Capacidade para organizar, planificar e resolver problemas relativos ao departamento de navegación
B12 CB6 -Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B14 CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B16 CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C2 Capacidade para dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita nun idioma estranxeiro
C3 Capacidade para utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Capacidade para asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Capacidade para valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C13 C13-Capacidade para desenvolver as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo