Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do curso o alumnado traballará en diversas actividades en pequeno grupo. O obxectivo desta metodoloxía é favorecer a aprendizaxe colaborativa dos estudantes, incidindo na importancia da planificación e a coordinación conxunta.
Lecturas O profesorado proporá algunhas lecturas para a profundización dalgúns dos contidos da materia.
Análise de fontes documentais Afondarase no estudo de diversos contidos relacionados coa materia a través da análise de documentais audiovisuais e textos escritos.
Portafolios do alumno O alumnado deberá ir elaborando un dosier coas actividades propostas ao longo do curso. Este dosier será individual e deberá entregarse para a súa avaliación ao finalizar o cuadrimestre, nunha data a concretar polo profesorado.
Proba mixta O exame dos contidos abordados nas sesións expositivas consistirá nunha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e de resposta curta (preguntas a respostar en poucas liñas, nunha soa palabra, de completar mediante un exemplo, de unir por flechas, etc.). As preguntas tipo test mal respostadas restan.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Solución de problemas Nalgunhas das actividades a desenvolver nas sesións interactivas, solicitarase ao alumnado que elabore ideas e estratexias para resolver diversos problemas e situacións relacionadas con algún dos contidos estudados.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Prácticas de laboratorio Durante as sesións interactivas, desenvolverase algunha actividade de carácter experimental para analizar os procesos de cambio e maduración cognitiva dos seres humanos.
Discusión dirixida Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas o profesorado proporá algunhas situacións controvertidas co obxecto de que o alumnado debata sobre as súas implicacións desde a perspectiva da Educación Social.
Glosario Nalgunhas das actividades propostas durante o curso, pedirase ao alumnado que defina e explique sucintamente algúns dos conceptos chave no estudo do desenvolvemento humano.
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse nas sesións expositivas con todo o grupo clase. Nelas, o profesorado presentará e explicará mediante power points os conceptos más importantes en cada un dos contidos contemplados no temario.