Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais son os referentes conceptuais que se presentarán ó redor dos diferentes núcleos temáticas que vertebran a materia. Utilizaránse documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos...) que son relevantes para afondar no temario con propostas de actividades específicas para o estudio dos mesmos.
Sesión maxistral Ao comezo de cada núcleo formativo farase unha exposición xeral introductoria de cada tema, mediante exposición oral, guíada co uso de recursos audiovisuais, destacando os asuntos que precisen dun maior afondamento, así como as orientacións oportunas para poderen ser ampliados. Asemade proporase unha discusión dirixida, por grupos, co fin de ollar os prexuízos, valorar os intereses do alumnado, ter en conta as súas contribucións e potenciar a súa participación na construcción significativa do coñecemento.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente
Discusión dirixida Será unha das dinámicas máis utilizadas, para a que se acordará con suficiente antelación as lecturas previas de carácter obrigatorio que, recollendo diferentes argumentacións sobre dunha temática, favoreza o contraste e o debate de opinións fundamentadas e o e coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoralo.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. É froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos
Presentación oral Defensa dun Proxecto de coeducación, prestando especial atención ó marco teórico feminista e deseñando accións coherentes co mesmo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Esta tipo de actividade será recollida no portafol.