Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A13 B1 B2 C1 C3 C4 C8 A proba de ensaio consiste na elaboración dun traballo reflexivo que implica a lectura de textos obligatorios e que inclúe o traballo feito durante o curso académico. Este traballo será entregado no final do cuatrimestre e ten un valor do 40% da nota final. Fundamentalmente é de contido teórico. 40
Recensión bilbiográfica B1 B6 C7 A recensión ten un peso do 15% da nota final da materia que se computará dentro da avaliación xeral das prácticas (que representa o 45% da nota final). Valorarase a lectura da obra, a capacidade de síntese, a relación cos contidos da materia, e lectura de material completamento, citar e redactar correctamente e a orixinalidade na reflexión realizada. 15
Traballos tutelados A6 A9 A19 B3 B4 O traballo tutelado terá un valor do 45% da nota global, e será requerida unha nota mínima dun 4,5 para realizar a media. Este traballo en grupo (salvo casos particulares) analizará un programa ou servizo dentro do paraugas dos Servizos Sociais. Recollerá unha serie de apartados: marco teórico, metodoloxía, marco lexislativo, explotación de datos secundarios, análise do traballo de campo realizado, e elaboración dun proxecto socio-educativo sobre esa temática que haberá que levar á práctica e a súa avaliación. 45
 
Observacións avaliación

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o itinerario de avaliación será idéntico que para o resto de alunado. Deberán presentar o mesmo tipo de traballos e probas, flexibilizarase a entrega do traballo tutelado aceptando a súa elaboración de forma individual.