Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B6 C1 Enténdese a cantidade (asiduidade) e calidade da participación (implicación no desenvolvemento das clases) do alumnado 40
Proba mixta A9 B2 Constará dun exame sen material respostando aos contidos vinculados á materia. Será un exame con dúas ou tres preguntas, unha delas a desenvolver e as outras de carácter máis conciso e breve 60
 
Observacións avaliación

As persoas que non cumpran un mínimo dun 80% das sesións de clase, de querer superar a materia deberán:

a. Ler comprensivamente o dossier do alumnado
b. Realizar e aprobar un exame final escrito
c. Analizar unha experiencia de animación ou xestión sociocultural ou un traballo que acorden mutuamente co profesor.

Todos os traballo e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será moi tida en conta polo profesor.

O alumnado que, tendo recoñecida a súa condición de estudante a tempo parcial, solicitará no Decanato a dispensa académica e abordará dita situación personal co profesor nunha titoría concertada.

Os criterios de avaliación da proba mixta serán:

a) Respostar ao que se pregunta.

b) Expresarse correctamente sen faltas de ortografía

c) Acompañar o argumentario da resposta con citas bibliográficas