Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Trátase de realizar algún debate sobre temas específicos da materia, fundamentado nos coñecementos da mesma (Programa piloto para a docencia en Galego).
Proba mixta Elaboración dunha proba que recolla preguntas de comprobación dos contidos da materia
Lecturas Exposición oral dos contidos básicos da materia
Traballos tutelados Baixo a supervisisón do profesorado, os estudantes deberán analizar, deseñar e planificar programas educativos para persoas adultas nos diferentes ámbitos de intervención: Alfabetización, Multiculturalidade, Xénero, Vellez, Discapacidade...
Todos os traballos serán expostos na clase no mes de Maio.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Aprendizaxe servizo Aprendizaxe para e dende a comunidade, mediante o diseño ou implementación dun proxecto de educación de persoas adultas e maiores en calquera dos diferentes ámbitos de intervención socioeducativa propios.
Análise de fontes documentais Análise do contido de fontes documentais que sirven de apoio: textos lexislativos, reportaxes, películas, experiencias, etc.