Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos de investigación | Código | 652G03019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5 persoas) e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Así o profesor/a presentará en ditas clases as prácticas que realizará co alumnado (prácticas que están en moodle). Estas serán recollidas polo/a profesor/a ao finalizar a clase, para xustificar a presencialidade do alumnado, e serán devoltas ao alumnado nas seguintes clase interactiva. Como o que se realiza nas clases interactivas son as prácticas dos contidos das clases expositivas se lles pedirá ao alumnado que, dunha clase interactiva a outra, teñan revisadas as practica anteriores para poder, durante unha parte da clase interactiva, contestar preguntas que o/a profesora elabore. Ditas preguntas só ten o significado de afianzar aprendizaxes e solucionar posibles dúbidas. Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social |
Análise de fontes documentais | Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Discusión dirixida | Metodoloxía dinámica de grupos na que os membros de cada grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre conceptos presentados na clase expositiva. O momento no que se leva a cabo será nas clases interactivas da materia. A devandita discusión estará moderada polo/a profesor/a. Concretamente, o tema 2 e o tema 5 dos contidos da materia serán traballados desta maneira. Aínda que se traballen ditos temas nas clases interactivas están considerados conceptos das clases expositivas, polo tanto, a súa avaliación será na parte do examen denominada teoría pura. Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social |
Obradoiro | Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique o tema 6 (será aproximadamente a primeiros de abril). O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositiva explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social |
Proba mixta | Proba utilizada para a avaliación de aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de tres partes: teoría pura (será o que o profesor/a presenta nas clases expositivas); teoría textos (será o que o profesor/a traballa co alumnado nas clases interactivas) e, a última parte, a parte estadística (será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materia). As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN AS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias. |
Sesión maxistral | Clase impartida polo/a profesor/a, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados na guía docente . Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a |