Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que continúan o temario
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Observacións

A materia optativa Orientación e políticas de emprego  aporta  competencias  para a propia auto-orientación (análise do perfil   e do mercado profesional da educación social e elaboración de ferramentas para a busca de emprego) e  para    e  o exercicio profesional no eido da orientación ocupacional (políticas  activas de emprego,  entramado institucional  europeo, estatal e galego  no ámbito do emprego e da formación, análise do mercado laboral, etc.). Outra aportación interesante é   a lectura  comprensiva e crítica sobre  o mercado laboral  e sobre  as políticas que se  están aplicando e as súas  consecuencias   en termos de inequidade social ou de incremento das desigualdades sociais.

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a doble cara e  empregarán  papel reciclado.